Mariana Expósito / Actriz

Mariana Expósito

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Mariana Expósito
Mariana Expósito
Actriz
Nome completo: Mariana Expósito Castaño
Lugo 1985   
Web propia



Paula en "A vida por diante", Celia en "Libro de Familia" e Xulia en "Matalobos", é unha actriz especialmente vinculada a producións televisivas autonómicas, tanto series como telefilmes. O seu debú cinematográfico veu da man de "Concursante", na que interpretou o papel dunha estudante. Fixo o rol de reparto de Irene na longametraxe de Filmax "Diario de una ninfómana" (2007). Ten experiencia en publicidade, curtametraxes ("Unha noite de chea", "A soga da soidade") e cámara oculta.

Formación específica: Cursou estudos na Escola de Arte Drámatico Ditirambo-T, na Escola de Arte Dramático Casa Hamlet e na escola de interpretación AB Studio. Ten o Título de Especialización en Artes Teatrais e Audiovisuais da Universidade da Coruña entre outros. Desde 2000 ten realizado numerosos cursos en materias como a interpretación, comedia dell´arte ou o clown, dirixidos por Juan Carlos Corazza, Manuel Morón, Santiago Fernández, entre outros. Tamén acudiu a cursos de interpretación diante da cámara, danza, locución radiofónica e televisiva, voz, canto, pedagoxía teatral, animación, guión, publicidade, comunicación, xornalismo. É diplomada en turismo.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Mariana Expósito

Galería de imaxes | ver As 9 fotos de Mariana Expósito

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org