Luisa Martínez / Actriz

Luisa Martínez

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Luisa Martínez
Luisa Martínez
Actriz
Nome completo: Luisa Martínez Pazos
    



Actriz de cine, televisión e teatro. Nos escenarios, ten representado co Centro Dramático Galego obras como "As tres irmás", "Yerma", "A Lagarada" ou "Don Hamlet". Recoñecida como intérprete dentro e fora de Galicia, ademais de actuar na pantalla grande, tamén ten contado con papeis en telefilmes como "O harén de Aníbal" e en coñecidas teleseries estatais como "Amar en tiempos revueltos" (TVE) e "Aquí no hay quien viva" (A3). Vive e traballa entre Galiza, Madrid e Valencia.

Premios e recoñecementos: Premio á Mellor actriz protagonista (Premis Tirant) do audiovisual valenciano. Premio Miguel Mihura de teatro 1994, outorgado pola SGAE, de ámbito estatal. Candidata como mellor actriz de reparto, por Desaparecida (TVE), nos premios da Unión de Actores de 2008.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Luisa Martínez

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Luisa Martínez

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Luisa Martínez (1)

Data: 13 / 11 / 2008
Coa ciencia na axenda cultural

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org