Fernanda del Nido / Produción

Fernanda del Nido

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Fernanda del Nido
Fernanda del Nido
Produción
Nome completo: Fernanda del Nido
Bos Aires (Arxentina) 1974   



Traballou nas áreas de produción e desenvolvemento de diversos medios de comunicación e empresas do audiovisual, tanto na súa Arxentina natal como en Galicia. Fundou a compañía Tic Tac Producciones en 2006 co obxectivo de desenvolver longametraxes, facendo especial fincapé no establecimento de pontes de coprodución desde Galicia para Latinoamérica e Europa.

Formación específica: Despois de graduarse como licenciada en Ciencias da Comunicación con Orientación en Procesos Educativos na Universidade de Bos Aires, profundiza os seus estudos de posgrao realizando o Mestrado en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA) e cursando o doutoramento de Linguaxe, Ciencia e Antropoloxía da Facultade de Humanidades, ambas no seo da Universidade da Coruña (UDC). En 2008 gradúase no programa de formación para produtores independentes europeos EAVE (European Audiovisual Entrepreneurs).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Fernanda del Nido

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org