Anxo Graña / Música

Anxo Graña

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Anxo Graña
Anxo Graña
Música
Nome completo: Anxo Graña Prieto
Cangas (Pontevedra) 1978   



Moi activo na música desde cativo a través de estudos, agrupacións e actuacións, este compositor e multiinstrumentista ten desenvolvido unha carreira continua tanto sobre os escenarios como en locais de gravación. É escritor e intérprete musical para teatro e audiovisual. Comezou a traballar para TV en diversos proxectos que o teñen vencellado puntualmente con programas como “Luar” ou “Libro de familia”. Neste ámbito, desde 2000 compón e grava a música de curtas (“El color de agosto”, M.Larralde; “Fósil”, Á.Regueiro; “Nengú”, Á.Guevara), docuseries (“A palabra no tempo”), anuncios e montaxes teatrais. Tamén interpreta a música da teleserie “Os Atlánticos”.

Premios e recoñecementos: Foi candidato aos premios de teatro María Casares, como autor da mellor música orixinal pola obra Emigrados, de Teatro de Ningures.


Formación específica: Estudos de saxofón na Escola de Música Mestre Inocentes Caamaño de Cangas. Clases particulares de saxofón con Roberto Somoza. Percusión Latina con Marcos Valcarcel no Conservatorio Mayeusis de Vigo. Curso de saxofón con Pablo Castaño na Escola Estudio de Santiago. Curso de percusión tradicional con Eliseo Parra no Conservatorio de Lalín. Curso de flauta irlandesa con Jean Michel Veillon no Conservatorio de Lalín. Alumno do maestro gateiro Nazario Iglesias ‘Moxenas’. Clases particulares de guitarra clásica e acústica, harmonía, frauta traveseira e zanfona.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org