
Guionista
Nome completo: Daniel Domínguez Pérez
Tui (Pontevedra) 1955
Un dos máis experimentados guionistas de Galicia, conta cun curriculum de máis de dúas ducias de producións audiovisuais. Comezou nos primeiros oitenta escribindo para ficción e para documentais. Exerceu a docencia (1991-98), impartiu talleres de guión e colaborou con publicacións de cine. Desde 2000 céntrase primordialmente en traballar de guionista e editor para algunhas das máis coñecidas teleseries galegas.
Premios e recoñecementos: Premio Mestre Mateo 2002 ao mellor guión por Terra de Miranda, compartido con outros cinco guionistas do equipo da serie. “Río de sombras”, mención especial no Festival de Alcalá de Henares (1987).
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:
FILMOGRAFÍA
- Tan pouquiña cousa, un corazón (2010)
- Non me toques (2009)
- A miña sogra e mais eu (2004)
- As leis de Celavella (2003)
- Terra de Miranda (2001)
- Os defuntos falaban castelán (2000)
- Ignotus (2000)
- Blanca Madison (2000)
- Meigallos, sombras e papas de arroz (2000)
- Contar (1999)
- Mareas vivas (1998)
- Illas Sisargas (1993)
- Arquitectos (1991)
- Río de sombras (1986)
- O segredo (1984)
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Daniel Domínguez (12)
Data: 21 / 12 / 2020
O fin da verdade obtén o Premio Daniel Domínguez de guión
Data: 30 / 11 / 2020
O audiovisual en loito polo repentino falecemento do guionista e docente Daniel Domínguez
Data: 22 / 3 / 2016
Xunta e sector audiovisual procuran unha estratexia conxunta para 2016-2020
Data: 27 / 5 / 2011
Antonio Mourelos presidirá a Academia Galega do Audiovisual
Data: 24 / 7 / 2007
Cultura subvenciona con 150.000 euros 14 proxectos de guión en lingua galega