Suso Montero / Dirección artística

Suso Montero

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Suso Montero
Suso Montero
Dirección artística
Nome completo: Jesús Vázquez Montero
A Coruña 1952   



(Retrato © César Gorriz)

Director artístico e prolífico decorador, na altura de 2009 é autor de 183 decorados de televisión, 35 de teatro, 9 de cine e 15 noutros espazos. Na súa carreira artística experimentou e traballou coa pintura, a fotografía e moi especialmente a escultura en cartón-pedra e fibra de vidro. En 1987 deseñou e pintou o seu primeiro decorado para Televisión de Galicia para o programa “A toda máquina”, ao que seguiría unha amplísima listaxe, incluíndo os informativos do Telexornal (1990-1995 e 1998-2000). Tamén é o autor dos decorados de innumerables galas e entregas de premios para TV e diferentes produtoras galegas. Destacan especialmente os seus traballos en espazos naturais, baixo árbores ou, aínda máis espectacular e nunca feito nunha televisión, sobre o mar, como foi o caso do musical “Mar a mar” (1991), gravado integramente sobre unha batea na Illa da Toxa.


Premios e recoñecementos: A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual aprobou concederlle o Premio de Honra Fernando Rey 2008 en recoñecemento á súa traxectoria profesional. Medalla de Ouro da Feira Internacional de Artesanía de Munich (Alemaña 1981). Deseño artesanal da Consellería de Industria e Traballo, Xunta de Galicia 1985. Premio María Casares 1997 ao mellor vestiario por “Escola de Bufóns”. Premio AGAPI 1998 ao mellor vestiario por “A noiva de media noite”.


Formación específica: Formado na Escola de Artes e Oficios “Pablo Picasso” da Coruña.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Suso Montero (2)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org