
Actriz
Directora e intérprete de teatro desde finais dos 90, está especialmente vencellada ao grupo Voadora. No eido audiovisual a súa actividade actoral está moi ligada a teleseries autonómicas. Tamén saiu nunha ducia de curtametraxes. Igualmente ten experiencia como deseñadora escenográfica e como docente.
Formación específica: Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona en 1999. Cursos específicos de interpretación (Mariano Barroso, Carlos Neira e Isabel Úbeda, danza-teatro (Jérôme Bel, La Ribot, Andrés Corchero, Ión Munduate, Blanca Calvo, Mónica Valenciano, Olga Mesa, Ana Vallés), comedia (Emilio Gutiérrez Caba), Commedia del´Arte (Antonio Fava), identidade cómica (Leo Bassi), clown (Philippe Gaulier, Jango Edwars, Eric de Bont, Jhon Wright, Álex Navarro, Caroline Dream, Néstor Muzo), bufón (Eric de Bont), cabaret, acrobacia, Claqué e body percussion, voz, canto e teatro dixital.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:
FILMOGRAFÍA
- Mulleres en escena (2010)
- O cazador (2008)
- Pillados (2007)
- A vida por diante (2006)
- A cuarta pista (2006)
- Galatasaray-Dépor (2005)
- Pepe O Inglés (2005)
- O ano da carracha (2004)
- Libro de familia (2004)
- Cota vermella (2003)
- As leis de Celavella (2003)
- Pequeno Hotel (2001)
- Avenida de América (2001)
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Marta Pazos (28)
Data: 14 / 12 / 2020
Marta Pazos dirixirá 'Viaje a la luna' de Lorca no Teatre Lliure
Data: 16 / 10 / 2020
Voadora estrea o adiado espectáculo 'Siglo mío, bestia mía' co Centro Dramático Nacional
Data: 26 / 6 / 2020
A 36ª MIT abre os pulmóns con todas as representacións en espazos abertos
Data: 23 / 6 / 2020
Marta Pazos recibirá o Premio de Honra da MIT de Ribadavia
Data: 20 / 5 / 2020
Voadora estrea videocreación dentro da programación do Centro Dramático Nacional