Raquel Fidalgo / Maquillaxe

Raquel Fidalgo

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Raquel Fidalgo
Raquel Fidalgo
Maquillaxe
Nome completo: Raquel Fernández Fidalgo
Barakaldo (Biscaia) 1966   



Unha das maquilladoras máis prolíficas, se non a máis, do audiovisual galego. Con 23 anos chegou á Coruña desde o seu Euskadi natal, onde xa comezara na maquillaxe, e a partir do que case era un hobby, colaborar con grupos teatrais da UDC, entrou en contacto coas producións dos alumnos da EIS, para despois iniciarse profesionalmente coa produtora Continental. Máis de vinte curtas ao longo dos noventa precederon o seu labor en longametraxes cinematográficas. E aínda que se adica profesionalmente, segue hoxe en día colaborando desinteresadamente en curtametraxes sempre que ten ocasión. Tamén ten experiencia en publicidade, teatro, fotografía e en videoclips de grupos como Fangoria. En 2007 asumiu unha vogalía na xunta directiva da Asociación de Técnicos de Galicia do Audiovisual (ATEGA).

Premios e recoñecementos: Premio AGAPI 1997 por unha publicidade. Premio AGAPI á mellor maquillaxe e perruquería 1998 por “Aínda máis difícil”. Por “O ano da carracha”, con María Barreiro, recibiu o premio Mestre Mateo 04 á mellor maquillaxe e perruquería. Candidata por partida triple nos premios Mestre Mateo de 2006 na categoría de mellor maquillaxe e perruquería, por Días Azuis, A Atlántida e De bares. Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor maquillaxe e perruquería por “Os mortos van ás présas”, traballo realizado conxuntamente con Rosana Teijeiro.


Formación específica: En formación contínua desde os comezos da súa andaina profesional, cursa anualmente obradoiros de maquillaxe sobre aspectos específicos do oficio. Estudou perruquería e estilismo (C.Urquijo, Bilbao 1987). Cursos: Maquillaxe para cine, TV e teatro e curso superior de maquillaxe e caracterización (Taller SB, A Coruña 1992, 94). Maquillaxe, caracterización e efectos especiais –FX- (Vigo Stetic, 1995). Iluminación no primeiro plano (F. Arribas, E.I.S Coruña 1996). FX (NASA, Santiago 1997). Construción monicreques (E. Lidell 1998). Posticería, efectos especiais, caracterización (Escuela de Técnicos para Cámara y Foco 2001). Realización de perrucas e posticería, obradoiro de moldeado en gomaespuma (INAEM 2004). FX, creación de próteses con foam (Dual Vortex 2006). FX (Inside FX 2007). Curso de creación de próteses dentais e oculares (Dual Vortex 2008).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Raquel Fidalgo

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Raquel Fidalgo (2)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org