Amalia Mato / Produción

Amalia Mato

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Amalia Mato
Amalia Mato
Produción
Nome completo: Amalia Mato Vidal
Camariñas (A Coruña) 1966   



Profesional de extensa experiencia nas distintas facetas da produción audiovisual. Comezou coas curtametraxes, participando en títulos moi coñecidos dos noventa. Axiña ampliaría a súa actividade aos campos da publicidade -para anuncios de diversas marcas galegas- e da televisión -exercendo de axudante de produción na teleserie “A familia Pita”-. Entre 1996 e 2003 traballou na produtora audiovisual de “La Voz de Galicia” desenvolvendo diversos labores de produción (executiva, xefatura e dirección).

Premios e recoñecementos: Gañou o premio AGAPI 97 á mellor dirección de producción por "Isolina do Caurel". Nominada aos Premios AGAPI 97 polo mellor vestiario, en "Grande de Cuba". Nominada aos Premios AGAPI 98 á mellor dirección de producción pola serie "Mareas Vivas" (primeira temporada). Nominada tamén aos Premios AGAPI 2000 á mellor dirección de producción por "Mareas Vivas" (5ª temporada). Candidata aos Premios Chano Piñeiro 2001 na categoría da mellor dirección de producción por "Terra de Miranda" (1 e 2). Proposta tamén aos Premios Mestre Mateo 2002 á mellor dirección de producción por "Terra de Miranda" (3 e 4).


Formación específica: Técnico Especialista en Producción, Realización e Operación de Programas Audiovisuais (EIS Coruña, 1994).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org