Toño López / Dirección

Toño López

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Toño López
Toño López
Dirección
Nome completo: Antón López Ríos
Ourense 1971   



Realizador de ampla experiencia, dirixiu 208 capítulos da teleserie “Nada es para siempre” (Antena3) e 16 de "Mareas vivas" (TVG). Comezou traballando en 3D en Vigo, mais trasladaríase á Coruña para dirixir a súa primeira curta e incorporarse ao grupo audiovisual de La Voz, onde realizou e editou publicidade e ficción. Tras mudarse a Nova York, montou un documental, grabou videobooks para actores e dirixiu a súa segunda curta. De volta a Galicia, realizou (13x60min) e dirixiu (9x60min) a sitcom "4º sen ascensor".

Premios e recoñecementos: Maitines valeulle o premio ao mellor director novo no I Festival de Cine de Alcorcón (2001), selección oficial no Festival Internacional de Cine de Ourense (2001) e no Festival Internacional de Cine de Elche (2001). O río ten mans foi recoñecida como a mellor montaxe nos premios AGAPI (2001). El camino del agua levou o Premio INJUVE 1996 e selección oficial no V Festival Internacional de video Cidade de Vigo (1994). Las corrientes foi segundo premio no I Concurso de guións Chano Piñeiro (1996). Galegos no mundo valeulle o galardón á mellor realización, xunto con Mónica Ares e Isabel Caamaño, nos premios Mestre Mateo entregados en 2014.


Formación específica: FP2 de Imaxe e Son en Bemposta, Ourense. FP3 na EIS da Coruña.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org