Warning: include(avg/images/tacu.jpg): failed to open stream: No such file or directory in /var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php on line 1 Warning: include(): Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='.:/usr/share/pear:/usr/share/php') in /var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php on line 1 Monti Castiñeiras | AVG | AudioVisual Galego
Monti Castiñeiras / Actor

Monti Castiñeiras

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Monti Castiñeiras
Monti Castiñeiras
Actor
Nome completo: Ramón Castiñeiras Rodríguez
    



Prolífico actor de cine, TV e publicidade, comezou na dobraxe en 1985. Participou en 1987 na longa “Divinas palabras” e a mediados dos 90 inicia unha intensa carreira que o leva desde 2000 a traballar en todas as principais teleseries da TVG, nalgunhas coñecidas de Antena 3 e Tele 5 e nunha telenovela de TVE. Ademais, actuou en curtametraxes, telefilmes e longametraxes, entre as que destacan os papeis protagonistas dirixidos por Juan Pinzás (“Era outra vez”, “Días de voda”).

Formación específica: Entre 1982 e 1983 realizou diversos cursos: un de danza e expresión corporal -no Ballet Studio de Santiago-, e outros dous de interpretación e expresión corporal baixo dirección de Arnold Taraborrelli e Begoña Valle respectivamente. Tamén estudiou ortofonía e dicción con Jesús Aladrén en 1986.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 13 videos de Monti Castiñeiras

Galería de imaxes | ver As 11 fotos de Monti Castiñeiras

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org