
Actor
Nome completo: Francisco Cadaval Ayaso
Ribeira (A Coruña) 1960
Actor, director e adaptador teatral, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa. Comezou na interpretación teatral a fins dos setenta no Centro Dramático Galego, para, a mediados dos oitenta, fundar a súa propia compañía, “O Moucho Clerc”. Traballou en diferentes producións da televisión autonómica galega, así como en curtas e longametraxes. Continúa a traballar no audiovisual como actor e como guionista. Foi profesor de interpretación de "Operação Triunfo" (Portugal, 2003).
Premios e recoñecementos: Recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro.
Formación específica: Ten asistido a cursos e seminarios relacionados coa interpretación, e tamén ten participado en reunións de especialistas en arte dramática.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:
FILMOGRAFÍA
- O incerto Señor Cunqueiro (2011)
- O Nordés (2009)
- Pegadas no ceo (2005)
- A miña sogra e mais eu (2004)
- Máxima audiencia (2004)
- Entre bateas (2001)
- Amor Serrano (1999)
- Apaga a luz (1999)
- A rosa de pedra (1999)
- Cabeza de boi (1996)
- Matías, xuíz de liña (1995)
- As xoias da Señora Bianconero (1994)
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Quico Cadaval (98)
Data: 16 / 3 / 2021
O Festival Atlántica celebra o Día da Narración Oral
Data: 23 / 2 / 2021
Excéntricas estrea a comedia 'Estrela do día' na Coruña
Data: 29 / 1 / 2021
Dispoñibles as actas dunha xornada sobre o humor na literatura de tradición oral
Data: 11 / 11 / 2020
A entrega dos V Premios Gala do Libro verase cun audiovisual na rede o vindeiro 21 de novembro
Data: 29 / 10 / 2020
Malpica ofrecerá doce espectáculos galegos na súa XVIª Mostra de Teatro