Warning: include(adodb/home.inc): failed to open stream: No such file or directory in /var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php on line 1 Warning: include(): Failed opening 'adodb/home.inc' for inclusion (include_path='.:/usr/share/pear:/usr/share/php') in /var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php on line 1 Juanillo Esteban | AVG | AudioVisual Galego
Juanillo Esteban / Actor

Juanillo Esteban

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Juanillo Esteban
Juanillo Esteban
Actor
Nome completo: Juan José Esteban Gómez
 1968   



Actor, guionista, cantante, compositor, clown e bufón, é ademais a voz que se agacha tras o popular Xabarín da TVG. Comezou na canle autonómica a primeiros dos noventa facendo sketches de humor; na mesma época estreábase nos escenarios con diálogos de humor escritos por Toñito Blanco e representados man a man con Manuel Manquiña. Ten contado con papeis de reparto e episódicos en numerosas teleseries e programas da TVG e ademais conta cun espectáculo propio de monólogos humorísticos.

Formación específica: Producción e realización de video-TV. (CAI A Coruña 1991). Dobraxe (Estudio 1, A Coruña 1992). Interpretación con Leonid Roberman (1993). Producción de espectáculos en vivo (G-Conta/FORCEM 1997). Taller de Clown e Bufón con Eric D´Bont (1999). Taller de Guionista de series de ficción (Video-Voz, A Coruña 1999). Taller con Leo Bassi “En Busca da Comicidade Propia” (2001). Taller de Clown con Jango Edwards (2002). En 2003: Taller de Clown con Carlo Colombaioni, Master Class de Clown con Philippe Gaulier, taller de Clown con Jango Edwards, taller de Performance Dinamics con Johnny Melville. En 2004: Talleres de Clown respectivamente con Joseph Collard (Les Founamboulles), Carlo Colombaioni, Johnny Melville e Churry Silva (Ale-Hop).

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 3 videos de Juanillo Esteban

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Juanillo Esteban

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Juanillo Esteban (2)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org