Carlos A. López Piñeiro / Dirección

Carlos A. López Piñeiro

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Carlos A. López Piñeiro
Carlos A. López Piñeiro
Dirección
Nome completo: Carlos Aurelio López Piñeiro
A Coruña 1950   



Produtor, director, guionista e crítico cinematográfico. Comeza no audiovisual a mediados dos anos 70, coa realización de curtas e documentais comprometidos coa realidade política do momento. Foi fundador do grupo “Imaxe” nestes anos, nos que realiza as súas primeiras obras. Nos 80 produce e dirixe a súa primeira longa e organiza a súa propia produtora, C.A.L.P. Na década seguinte o seu labor céntrase na investigación sobre a historia do cinema en Galicia.

Premios e recoñecementos: "Illa" mereceu o premio á mellor película e ao mellor guión nas IV xornadas de cine independente de Madrid en 1976, así como o 1º premio do IX festival internacional de cinema independente da cidade de Zaragoza, tamén en 1976. Persoalmente gañou o premio Carlos Velo ao mellor guión en 1992 pola inédita "A fuga americana de Rafael Casanova".


Formación específica: Ten asistido a seminarios e cursos de cine, tanto en Galicia como no resto do Estado.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org