Valentín Carrera / Produción

Valentín Carrera

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Valentín Carrera
Valentín Carrera
Produción
Nome completo: Valentín Carrera González
Ponferrada 1958   
Web propia



Presidente da Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI) desde a que fomentou a creación do Clúster do audiovisual e da realización do Plan Estratéxico do Sector Audiovisual (2002-2005). É director da productora Ibisa TV especializada en documentais e multimedia na que ten producido series audiovisuais como “As viaxeiras da lúa” para a TVG. Ademais, ten escrito unha ducia de libros de creación, investigación e ensaio.

Premios e recoñecementos: Recibiu o Premio Galicia de Comunicación (1991), o Premio Francisco de Cossío de Periodismo e o premio Blanco Amor de Novela (1990). Na súa productora realizouse “El Bosque de Piedra”, que recibiu un premio no Festival Internacional de La Haya e coa web de “Trofeo, el cortometraje de IBISA TV” foi galardoado cun Chano Piñeiro ao mellor producto multimedia (2002).


Formación específica: Doutor en Belas Artes pola Universidade de Salamanca. Máster EAVE en Producción Audiovisual (Programa Media, Bruxelas).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Valentín Carrera

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org