Xes Chapela / Guionista

Xes Chapela

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Xes Chapela
Xes Chapela
Guionista
Nome completo: Xesús Chapela Ramos
Moaña (Pontevedra) 1977   



Xornalista e guionista. Comezou nas curtas de ficción como guionista con “Eillen”. Entre os seus traballos destacan “Galicia Visual” (26 cap.) emitido na TVG e “Destino Galicia” (33 cap.) emitido en TVE-2 Galicia en 2003. Guionizou outros documentais como “Hanan. De Marrocos a Galicia” e “Torres, Virtuosismo Técnico”. É membro da Asociación Galega de Guionistas e tamén ten traballado en televisións locais como Tele Salnés.

Premios e recoñecementos: Premio RUMC USC por “Eillen” (1996), psicodrama do que foi coguionista.


Formación específica: Licenciado en Xornalismo pola USC (1999). Guión de Ficción Audiovisual (AGAPI-Xunta, 2002). Técnicas de escritura de guión audiovisual (AGAG-Xunta, 2000-2001). II Xornadas de Comunicación e Cultura Contemporáneas (USC, 1998). Seminario “Mercado Exterior del Cine Español” (Santiago de Compostela 2004). “Comunicación audiovisual, diversidad cultural y regulación”, Diálogo do Forum de Barcelona. “Xornadas de promoción, marketing e prensa no cine” en Santiago de Compostela. Dirección en Medios de Comunicación Local, Especialidade TV (IGAPE-USC, 1998). Audiovisual Galego: Profesión e Docencia (USC, 1999). Curso do Audiovisual Alternativo en Sudamérica (USC, 1998). Mini Input 99 -Organización Internacional de Televisión de Servicio Público- (USC,1999).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Xes Chapela (5)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org