María Blanco-Fafián / Actriz

María Blanco-Fafián

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 María Blanco-Fafián
María Blanco-Fafián
Actriz
Nome completo: María Blanco Fafián
Ortigueira (A Coruña) 1978   



Deu os seus primeiros pasos no teatro afeccionado como actriz e de directora. O seu salto á pantalla foi da man de “Pensión ao timón” no Raio Verde de Santiago, onde fixo cursos de formación. Ten traballado noutras producións audiovisuais, entre as que destaca a longametraxe “Autopsia” de Milagros Bará. Na temporada 2003-2004 presentou un apartado cinematográfico en “Luar”. En 2005 tivo unha intensa actividade fílmica, participando en catro longametraxes: “Adivina quién soy” (de “Películas para no dormir”, de Filmax), “The tortured”, “Los managers” e “Mia Sarah”.

Formación específica: Cursou o Posgrao en Estudios Teatrais pola Universidade de A Coruña e o Curso de Cinematografía en "O Raio Verde" (Santiago de Compostela). Tamén realizou Cursiños de Interpretación, Ortofonía e dicción, e Teoría da interpretación.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org