Álex Sampayo / Dirección

Álex Sampayo

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Álex Sampayo
Álex Sampayo
Dirección
Nome completo: Alejandro Sampayo Parra
Lalín, Pontevedra 1978   



Director e realizador. Comezou facendo curtas caseiras en vídeo con 14 anos, e cinco anos máis tarde, coa apertura na súa vila natal dunha televisión (Canal Deza) dedicouse á realización, montaxe e postproducción de vídeos industriais, programas e spots. A súa primeira curtametraxe, “Alzheimer”, estivo presente en máis de vinte festivais nacionais e internacionas cos que obtivo varios premios e mencións. O seu segundo traballo, “As loiras prefírenos cabaleiros” foi a primeira curta rodada en Galicia co sistema de vídeo de alta definición HD.

Premios e recoñecementos: Por “Alzheimer”: Premio á mellor curta española en "Vallecas Puerta de Cine", 2001. Premio do público en "Centro de Estudios Cinematográficos de Cataluña", 2001. Mención do Xurado do Premio Europa en "Curt Ficcions" (Barcelona, 2001). Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor realización por “Padre Casares”, un labor acreditado a Jorge Coira, Carlos Sedes, Manuel Espiñeira e Álex Sampayo.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Álex Sampayo (18)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org