Xosé Cabanas Cao / Produción

Xosé Cabanas Cao

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Xosé Cabanas Cao
Xosé Cabanas Cao
Produción
Nome completo: Xosé Xoán Cabanas Cao
A Coruña 1952   



Vencellado ao audiovisual desde os primeiros anos 70, a súa primeira producción é a curtometraxe "O pai de Migueliño" (1974). En 1981 crea a primeira empresa audiovisual galega, Espello Vídeo Cine, na que realiza máis de 300 traballos de carácter institucional, empresarial e documental. A finais dos oitenta produce "Urxa", unha das primeiras longometraxes feitas en Galicia. Tras fundar Vici Produccións en 1991, aposta dunha forma máis clara pola producción cinematográfica, con títulos como "Dame Lume" ou "A lei da fonteira", como coproductor. É o promotor de "Blanca Madison, escuma de mar", producción íntegramente galega.

Premios e recoñecementos: Nominacion aos premios Goya, na seccion "Ópera prima", por "Dame lume" en 1994. 2º Premio Nacional do XXI Festival de Cine de Alcalá de Henares pola curta "A sorte cambia". 3º Premio Nacional na XXII Festival de Cine de Alcalá de Henares pola curta "Coitadiños". Premio do Público do Festival Internacional de Cinema do Porto, por "Dame lume". 1º Premio do Festival de Cine Médico de San Sebastián polo documental "Navegando hacia la vida".


Formación específica: Máster de Producción Audiovisual EAVE, do Programa Media Europeo.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Arquivos de audio


  • Cabanas Cao fala sobre A Casa da Luz

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Xosé Cabanas Cao (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org