Vicente G. Castro / Guionista

Vicente G. Castro

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Vicente G. Castro
Vicente G. Castro
Guionista
Nome completo: Vicente González Castro
A Habana, Cuba 1948   
Web propia



Ex director da Escola Galega de Cine, de Vigo (EGACI), desenvolve a maior parte da súa carreira cinematográfica en América Latina, onde dirixiu premiadas series e documentais. Ten sido profesor de cine en máis de 70 universidades americanas como a Videoteca del Rosario ou a Escuela de Cine de Avellaneda. Colaborador asiduo e redactor de artigos de cine e televisión para numerosos medios de comunicación, é autor de 14 libros entre novelas e ensaios sobre Comunicación Social, cine e TV. É director da facultade de cine e TV da Universidad Veritas, en Costa Rica.

Premios e recoñecementos: Premio Caracol da Unión de Escritores e de Artistas de Cuba en tres ocasións pola súa serie documental sobre a historia da TV Cubana, e a serie infantil “La Casa de Don Polilla”. Premio Tina Modotti. Tamén foi premiado o seu documental “Alquimistas de los sueños”.


Formación específica: Doutor en Televisión polo Instituto Central de Ciencias Pedagógicas de Cuba.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org