Ignacio Benedeti / Produción

Ignacio Benedeti

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Ignacio Benedeti
Ignacio Benedeti
Produción
Nome completo: Ignacio Benedeti Corzo
Caracas (Venezuela) 1959   
Web propia



Produtor e experto en cine de animación clásico, é o máximo responsable e fundador de I. B. Cinema. Este seu estudio dedícase ao cinema tanto nos eidos da produción e exhibición de producións propias como na distribución de producións alleas e material arquivado. Conta con máis de cinco mil títulos en 35 e 16 mm, amén dun verdadeiro museo de artefactos cinematográficos e precinematográficos. En cine xa ten producido longametraxes e telefilmes, ademais de curtas galardonadas internacionalmente, nun labor que abrangue tanto imaxe real como animación, así como audiovisual de síntese dixital. Entre os títulos de curtametraxes cóntanse Onde vaga Leslie Howard: San Andrés de Teixido e Vixilia Pascual na Coruña, ambas de 2012.

Formación específica: Ciencias da Infomación na Universitat Autònoma de Barcelona. Posgrao de Experto Universitario en Guión de Cine na Universidade Camilo José Cela.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Arquivos de audio


  • Ignacio Benedeti presenta Vicenta

  • Ignacio Benedeti presenta Ramón

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Ignacio Benedeti

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org