Manel Iglesias / Dirección

Manel Iglesias

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Manel Iglesias
Manel Iglesias
Dirección
Nome completo: José Manuel González Iglesias
Ourense 1961   



Director, productor executivo e realizador cuxa carreira profesional se desenvolve maiormente fóra de Galicia, especialmente en España e desde 1994 tamén en Portugal. Comezara como operador de cámara para produtoras galegas nos primeiros oitenta. Realizou informativos, programas e retransmisións para a TVG, Canal+, Antena 3 e Telecinco. Foi productor executivo de “Gran Hermano” e realizador do magacín “Lo + Plus”. Con ampla experiencia en grandes espectáculos, dirixiu galas dos premios Goya. Fixo a dirección e produción executiva dos premios Ondas de 2001 a 2007. Coordenou a retransmisión española dos Óscar de Hollywood de 1997 a 2002. Dos seus traballos publicitarios destaca un spot na campaña de comunicación do Euro.

Premios e recoñecementos: Desde 1984, sete produccións nas que traballou recibiron galardóns, entre os que destacan o Premio Midia ao mellor magazine" para "Lo + Plus" (1997), e un Premio TP para o programa "Galicia no mundo" grabado en Canadá.


Formación específica: Técnico Especialista Electrónica de Telecomunicacións FP2. Curso de Realización Audiovisual (Barcelona 1983). Curso de Dirección Cinematográfica en el Instituto de Cinema Catalá Barcelona 1983). Curso Intensivo de Realización para Televisión (Xunta de Galicia). Curso de Novas tecnoloxías SONY 1992 (Betacart, Video digital)
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org