Roberto Vilar / Actor

Roberto Vilar

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Roberto Vilar
Roberto Vilar
Actor
Nome completo: Roberto Vilar Fernández
Xove (Lugo) 1971   



Xunto con Víctor Fábregas formou o dúo Os Tonechos. Nunha soa década acadou unha tremenda popularidade, en boa parte grazas ao personaxe trapalleiro e lacazán de Tonecho. A súa traxectoria actoral, desde 2000, non se pode desvencellar da canle autonómica, pois foi forxando o seu estilo en programas de entretemento varios e telecomedias da TVG. Os Tonechos comezaron facendo escenas cómicas dentro do espazo semanal Luar mais acabaron tendo un programa de seu, antes de se separaren -en principio temporalmente- en 2009, o mesmo ano en que Vilar comezaría co seu propio magazine, Land Rober, dirixido e conducido por el mesmo. Puntuais contribucións curtametraxistas e de dobraxe completan o seu curriculum.

Premios e recoñecementos: Premio Mestre Mateo ao mellor comunicador de TV, entregado en 2011, por Land Rober. Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) ao mellor comunicador de televisión, por Land Rober.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 14 videos de Roberto Vilar

Galería de imaxes | ver As 11 fotos de Roberto Vilar

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org