Warning: include(avg/images/tacu.jpg): failed to open stream: No such file or directory in /var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php on line 1 Warning: include(): Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='.:/usr/share/pear:/usr/share/php') in /var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php on line 1 Iolanda Muíños | AVG | AudioVisual Galego
Iolanda Muíños / Actriz

Iolanda Muíños

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Iolanda Muíños
Iolanda Muíños
Actriz
Nome completo: Yolanda Muíños Paredes
Narón (A Coruña) 1970   



Actriz que entrou no mundo das curtametraxes a finais dos 90 participando en producións promovidas desde escolas audiovisuais de Barcelona e da Coruña. No principio da década seguinte chegoulle a oportunidade de interpretar papeis de reparto en títulos coñecidos da pequena e da grande pantalla. En 2003 ponse ás ordes de Alejandro Amenábar na longametraxe "Mar adentro". Emprendeu a súa carreira teatral en 1999 e ten traballado en montaxes do CDG, Teatro do Atlántico e Lagarta, Lagarta.

Premios e recoñecementos: Premio á mellor actriz do ano polo I.E.S.P. Escola de Imaxe e Son da Coruña. Candidata aos Premios de teatro María Casares 2005 como Mellor actriz protagonista.


Formación específica: Estudou interpretación, entre outros, con Paco Pino, Cristina Rota, Antoni Chic, Albert Boadella, María del Mar Navarro, Michel Cerdá. Fixo Danza Clásica e actualmente estuda Danza Contemporánea e Canto.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Iolanda Muíños

Galería de imaxes | ver As 3 fotos de Iolanda Muíños

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org