Mara Collazo / Perruquería

Mara Collazo

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Mara Collazo
Mara Collazo
Perruquería
Nome completo: Mara Collazo Esmorís
Uruguay 1969   



Primeira galega que opta a un Óscar de Hollywood, iniciou a súa carreira cos principios do cine galego contemporáneo a primeiros dos noventa. A mediados da década marcha para Madrid por cuestións laborais e desde entón ten estado ás ordes de directores como Fernando León, nas súas dúas primeiras películas Familia e Barrio, ou Alejandro Amenábar (Los otros).

Premios e recoñecementos: Galardón á mellor maquillaxe e perruquería nos premios Goya do cine español (2005) por Mar adentro, como parte do equipo conxunto con Joann Allen, Manolo García e A. Puigcerber. Polo mesmo traballo é candidata aos Óscar da Academia das Artes e das Ciencias de Hollywood. O Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) á mellor maquillaxe e perruquería levárono Mara Collazo e Chicha Blanco, por Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde.


Formación específica: Perruquería no Instituto Fernando Wirtz da Coruña.

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Mara Collazo (2)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org