Sandra Sánchez / Dirección

Sandra Sánchez

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Sandra Sánchez
Sandra Sánchez
Dirección
Nome completo: Sandra Sánchez Cachaza
Narón (A Coruña) 1970   



En 1991 entra a formar parte da primeira promoción da Escola de Imaxe e Son da Coruña, onde realiza varias curtametraxes, entre elas a curta documental “Ven a Bens”, que recibe varios premios e recoñecementos. Desde daquela alterna o seu traballo como directora-realizadora e montadora, cun especial interese polo xénero documental. Dirixiu para TVG series de ficción e docuseries como “112 Rescate”. É responsable tamén da dirección de documentais como “Buenos Aires, a fronteira sur do soño”. A súa traxectoria como montadora é moi extensa, tanto en documentais e series de ficción, como en programas de televisión, curtametraxes e videocreacións. A súa primeira longametraxe é “Tralas luces”.

Premios e recoñecementos: “Tralas luces”, premio á mellor dirección nos Premios Mestre Mateo 2011 (entregados en 2012). “A Casa de 1907”, candidata á mellor realización (Mestre Mateo 2007). “Isaac” candidata á mellor montaxe (MM07). “Rías Baixas” candidata á mellor montaxe (MM03). “Buenos Aires: A Fronteira Sur do Soño”, Premio AGAPI á mellor montaxe (1998). “Galicia un país con recursos”, Premio AGAPI á mellor montaxe (1997). “A Repesca”, premiado no concurso de guións “A Coruña de Cine” (1995). “Ven a Bens”: Premio extraordinario no Certamen de Vídeo Ciudad de Terrassa; 2º Premio A.I.C.A (Madrid 1995); Mellor curta documental da década dos 90 segundo enquisa realizada a 17 críticos e estudiosos do audiovisual en Galicia. “Psicokiller”, 2º premio Certamen de Vídeo Ciudad de Terrassa 1993.


Formación específica: Técnico superior en realización e produción de programas audiovisuais (EIS, 1994). Técnico superior en operacións de postprodución (EIS, 1992).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Arquivos de audio


  • Sandra Sánchez fala de Tralas luces

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Sandra Sánchez (9)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org