María Inés Cuadrado / Actriz

María Inés Cuadrado

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 María Inés Cuadrado
María Inés Cuadrado
Actriz
Nome completo: María Inés Cuadrado López
Bos Aires (Arxentina) 1963   



Actriz involucrada desde 1984 na actividade teatral e executiva da escena independente de Bos Aires. Desenvolveu unha investigación sobre a relación entre a palabra e o corpo, recuperando así o contacto coa língua e as súas orixes galegas. Dirixiu un programa radiofónico arredor da emigración e representou en centros da colectividade galega da capital arxentina. Afincada na Coruña, continúa a traballar na radio e ten impartido obradoiros no Máster de Servizos e Medios Audiovisuais (UDC). Colaboradora da Fundación Wenceslao Fernánde Flórez, é ademais unha das protagonistas da serie “As Viaxeiras da Lúa” da TVG.

Formación específica: Graduada como actriz polo Conservartorio Nacional de Arte Dramática de Bos Aires. Ten realizado cursos sobre semioloxía e antropoloxía teatral, técnicas de clown, máscara neutra, posta en escena, crítica e estética do teatro e cine, adestramento actoral, traxedia grega, sainete e grotesco crioulo, así como técnica vocal para radio, entre outros talleres.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org