Nico Campos / Guionista

Nico Campos

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Nico Campos
Nico Campos
Guionista
Nome completo: Nicolás Campos Ripoll
Santiago de Compostela 1979   



En 2001 guionizou e dirixiu as curtas “Yo seré estrella del rock” e “El diablo me hizo hacerlo”. Desenvolveu proxectos para televisións como Localia Santiago e tamén ten experiencia como cámara e montador. En 2002 dirixiu o programa piloto televisivo “Sin cuartel” e foi axudante de realización en videoclips de Siniestro Total, ademais de realizar o video “Hang over” da banda El Sueño Azul. Compaxina estas actividades co labor no grupo teatral Pelouro Teatro e coa produción da obra “A Matanza dos Seixas”. Cofundou a produtora “RB Producción e Multimedia” para a creación e distribición de curtas, documentais, e videoclips.

Premios e recoñecementos: Premio do público no I festival de Curtametraxes "Cidade de Sada" por "El diablo me hizo hacerlo". Premio ao mellor espectáculo teatral no Festival de Teatro do S.U.R. pola obra "A Matanza dos Seixas".


Formación específica: Curso de Realización de Espectáculos e Audiovisuais na E.I.S.V.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Nico Campos (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org