Xavier Villaverde / Dirección

Xavier Villaverde

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Xavier Villaverde
Xavier Villaverde
Dirección
Nome completo: Francisco Xavier Fernández Villaverde
A Coruña 1958   



Responsable de filmes galegos como “13 Badaladas” ou “Continental”, foi dos primeiros directores de longas do país. Comezara a finais dos 70 rodando en Super 8 e colaborou co grupo Imaxe, especialmente como cámara. Cofunda en 1982 a productora Video Trama, con Pancho Casal entre outros. A mediados dos 80 experimenta coa videocreación (“Veneno puro”), realizando ademais coñecidísimos spots publicitarios e videoclips (“Galicia caníbal”, Os Resentidos). No 87 funda Villaverde Asociados -de novo con Pancho Casal-, xerme de Continental.

Premios e recoñecementos: “Veneno Puro” foi premiado en 1984 nos certames Moniteur, “Up & Down” (Barcelona), e Festival Nacional de Video (Madrid). “Viúda Gómez” gañou o premio Aceptv 1985 á mellor ficción, e o 1º premio no Festival Nacional de Videomúsica 85 (Vitoria), ademais do primeiro premio no Festival Nacional de Vídeo (Xixón) e o premio Galicia-Deseño, Novas Formas. “A golpe de Látigo” mereceu o 1º premio no XVI Festival Internacional de Montreal (1987). “Fisterra” foi premiada como mellor película nos festivais franceses de Dijon e de Burdeos (Primptemps du Film Iberique). Terceiro premio á mellor película, Ittelmeer, Festival de Cine Mediterráneo de Colonia (Alemaña). Recibiu catro premios AGAPI: Película, Director, Banda sonora, e Son.“Trece badaladas” foi premiada por partida dupla nos Mestre Mateo: Mellor longametraxe e mellor actor. Persoalmente recibiu o Premio Pedrigree do Festival de Cans 2009 pola súa traxectoria no sector audiovisual. O mesmo ano e ex aequo con María Bouzas, foi Premio Chano Piñeiro, na súa cuarta edición, pola súa traxectoria profesional.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Xavier Villaverde

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org