Xavier Manteiga / Guionista

Xavier Manteiga

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Xavier Manteiga
Xavier Manteiga
Guionista
Nome completo: Xavier Manteiga Pousa
Santiago de Compostela 1968   



Componente do equipo de guionistas dos “Tonechos”, ademais de literatura, escrebe para cine e TV. Premio Xerais de Novela 1997, ten asinado roteiros de documentais e filmes así como “biblias”, argumentos e diálogos para series de ficción da canle autonómica galega.

Premios e recoñecementos: Premio do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), do Ministerio de Cultura, polo guión cinematográfico "Ma Clon". Autor do guión documental "Domingo Fontán" (IBISA TV para Tele 5 e TVG). Nominado ao mellor documental no Festival de Cine de Ourense 1996.


Formación específica: Curso de dramaturxia e guións para TV impartido por Manuel Lorenzo Abdala (Fundación Araguaney, Santiago de Compostela, 1994). Seminario de escrita de guións en equipo dirixido por Guy Meredith (Pazo de Mariñán, 1996-97). Curso sobre diálogos cinematográficos e de series de ficción impartido por Valentín Fernández-Tubau (Ourense, 1999).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org