José Barato / Actor

José Barato

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 José Barato
José Barato
Actor
Nome completo: José Luís López Roca
A Coruña 1979   



Comezou coa interpretación de adolescente na súa Coruña natal, en concreto no Sardiña, un coñecido grupo de teatro para estudantes de instituto. En Compostela cofundou na súa etapa universitaria o grupo Teatro Barato co que leva desenvolvido diversas montaxes. Axiña lle chegaría a oportunidade televisiva, que non desaproveitou, participando en diversos formatos, desde telefilmes, a docuseries e por suposto, comedias de situación: Caracterizado como mozo do noso tempo, numerosos papeis teñen feito del unha cara moi coñecida no ámbito da tele autonómica. Sen embargo non ten abandonado a participación puntual en curtametraxes nin a actuación teatral en locais e festivais.

Premios e recoñecementos: Premio ao mellor comunicador de TV nos premios Mestre Mateo 07 (2008) por “Historias de Galicia”.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 15 videos de José Barato

Galería de imaxes | ver As 6 fotos de José Barato

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org