Alexandra Fernández / Dirección artística

Alexandra Fernández

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Alexandra Fernández
Alexandra Fernández
Dirección artística
Nome completo: Alexandra Fernández Carnero
Caracas (Venezuela)    



Tanto como axudante (La mala educación, dir. P. Almodóvar) como máxima responsable (La mitad de Óscar, dir. M. Martín Cuenca), leva no eido da dirección artística desde finais dos anos noventa e xa conta con dúas ducias de producións no seu haber. Filla de galegos emigrados, o inicio da súa carreira foi na súa Venezuela natal, con obras como Amber Room, Vulcanteufel ou Brenda. Chegaría ao noso país en 2001 da man de Os luns ó sol. Ademais desta experiencia audiovisual, que abrangue longametraxes cinematográficas, telefilmes e series para a TV, desenvolveu traballo publicitario para medios de comunicación, institucións públicas e coñecidas marcas comerciais de Galicia.

Premios e recoñecementos: O premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) á dirección artística levárono ex aequo Paco Roca, por Arrugas, e Alexandra Fernández, por Doentes.


Formación específica: Mestrado en Estudos Teatrais e Cinematográficos da Universidade da Coruña (2001-03). Obradoiro de Deseño de Escenografía (1991-92) no Anatoli Goldberg - Instituto de Teatro de Caracas (Venezuela). Arquitecta pola Facultad de Arquitectura y Urbanismo de Caracas, Venezuela (1984-1991). Deseñadora gráfica polo Instituto de Diseño de Caracas (1983-1985).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org