Carlos Sedes / Dirección

Carlos Sedes

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Carlos Sedes
Carlos Sedes
Dirección
Nome completo: Carlos Sedes Prego
A Coruña 1973   



Comezou a traballar no sector audiovisual arredor do ano 1990, na empresa CTV. A súa experiencia en realización remóntase a 1998, daquela inicíase en Voz Audiovisual, facendo videos industriais, publicidade e programas divulgativos como ``Contagotas´´ e ``Cibernatura´´, os dous emitidos na TVG. En 2000 comeza a realizar coñecidas teleseries da Galega, o que inclúe os episodios 118 ao 140 de ``Mareas vivas´´, e dese labor dá o salto á dirección, tamén na ficción da pequena pantalla autonómica. O seu seguinte chanzo profesional márcao a dirección das series ``Desaparecida´´ (Grupo Ganga para TVE 2008) e ``Guante Blanco´´ (Bambú Producciones para TVE 2008).

Premios e recoñecementos: Premio á mellor realización, xunto con Manuel A. Espiñeira, por ``A vida por diante´´ nos Premios Mestre Mateo 2006 (entregados en maio de 2007). Mestre Mateo 2005 á mellor dirección por ``As leis de Celavella´´. Mestre Mateo 2005 á mellor realización, tamén por ``As leis de celavella´´. Mestre Mateo 2003 á mellor realización por ``Terra de Miranda´´. Galardón ao mellor realizador de TV nos Premios da TV e do Cine de Galicia 2005, outorgados pola revista Imagen y Comunicación. Premio ao mellor director por ``Desaparecida´´ no Seoul Drama Awards (Corea 2008). Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor realización por “Padre Casares”, un labor acreditado a Jorge Coira, Carlos Sedes, Manuel Espiñeira e Álex Sampayo.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 11 fotos de Carlos Sedes

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Carlos Sedes (2)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org