Os xirasois cegos |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Os xirasois cegos
Ao tempo que sortea os rigores da posguerra Elena ergue, co seu fillo Lorenzo, unha fachada de apariencia, ocultando a verdade sobre a súa familia: Elenita, filla adolescente, fugouse embarazada co seu noivo Lalo, un mozo que leva meses nas listas da policiaa. E Ricardo, o marido de Elena, vive oculto nun buraco practicado no dormitorio matrimonial. Créndoa viúva, Salvador, un xoven diácono que dubida en pendurar os hábitos despois de lle ver a cara ao caos e á morte, obsesiónase con Elena, até o punto de se presentar no domicilio dela e acosala. Entón Ricardo verase nunha comprometida situación. Película baseada na novela orixinal de Alberto Méndez.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / José Luís Cuerda
Dirección fotografía: / Hans Burmann
Guionista: / Rafael Azcona / José Luís Cuerda
Intérpretes: / Raúl Arévalo / Javier Cámara / José Ángel Egido / Irene Escolar / Roger Princep / Martín Rivas / Maribel Verdú
Produción: / Fernando Bovaira / José Luís Cuerda / Emiliano Otegui

 

Ficha técnica
Produtora / Producciones A Modiño, S.L. / Producciones Labarouta / Sogecine

Titulo orixinal: Los girasoles ciegos
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 101'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Castelán
Recadación: 4.168.462 €
Espectadores: 730.543
Porcentaxe subvencións: 0 %

vIDEOS | VER todos os videos de Os xirasois cegos  (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org