Unha historia galega |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Unha historia galega
O idilio entre Francisco e Chonchiña, que se coñeceron en 1931, tivo que enfrontarse á Guerra Civil e á ditadura. Esta é a historia real da parella que, despois de Francisco ser indultado da pena de morte imposta polos fascistas, se exiliou durante tres décadas en México. O matrimonio inspiraría a novela de Manuel Rivas "O lapis do carpinteiro". Conta coa participación do escritor, da propia Chonchiña, e de Isaac Díaz Pardo, fillo de Camilo Díaz, o debuxante e ilustrador que inspirou o personaxe do Pintor no libro. Estrea TVG (10-2007).
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Patrick Séraudie
Entrevistado: / Isaac Díaz Pardo / Manuel Rivas
Guionista: / Patrick Séraudie
Produción: / Patrick Séraudie

 

Ficha técnica
Distribuidora / Filmanova S.L. / Pirámide Production / Televisión de Galicia (TVG)
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Filmanova S.L. / Pirámide Production / Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública / Centre National de la Cinématographie, Région Limousin / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) / Media Desk Spain

Titulo orixinal: Unha historia galega
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 52'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 103.951 €
Porcentaxe subvencións: 23,74 %
Importe subvencións: 24.688 €
Capital Galego: 44,09 %

Galería de imaxes | VER AS 10 fotos de Unha historia galega

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org