X nada |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

X nada
Roi e os seus colegas practican un “xogo” peculiar e violento. Dani encontrará o seu fatal destino cando por casualidade tén a mala sorte de cruzarse no camiño deles. O acoso escolar e a violencia como diversión na xuventude de hoxe en día. Historia inspirada no texto “Matar por diversión” de Diego Bagnera para a revista XL Semanal. Estrea 17/3/09.

Palmarés: Foi unha das dez finalistas aos Premios da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, os “Goya” de 2010, na categoría de curtametraxe de ficción. Seleccionouse nunha trintena de festivais, gañando unha decena deles, tanto no ámbito estatal como no internacional. Este título foi seleccionado para o programa Curtas 09 do Consorcio Audiovisual de Galicia. No VI Festival de Cans (2009) foi premiada como mellor curtametraxe. Gañou o premio ao mellor guión no Festival OctubreCorto de Pamplona (2009). Premio do público no Festival de Cine de Astorga (2009). Gran Premio Galicia no Curtocircuito (2009). Premio do Xurado á mellor curta no VII Festival de Cine Social Castilla la Mancha (2010). Mellor Curta no VII MVD Sgae en Corto (2010). Tamén premiado no bienio 2009-2010 nos certames de Arnedo, Zinexín, Valladolid e Chamartín.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Dani de la Torre
Dirección artística: / Alexandra Fernández
Dirección fotografía: / Suso Bello
Guionista: / Manolo Dios / Antonio Veiga
Intérpretes: / Alfonso Agra / Maxo Barjas / Xabier Deive
Montaxe: / Luís Faraón
Música: / Manuel Riveiro
Xefatura de produción: / Mamen Quintas
Xefatura de son: / Meli Souto

 

Ficha técnica
Distribuidora / Consorcio Audiovisual de Galicia
Produtora / Ficción Producciones, S.L.
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) / Consorcio Audiovisual de Galicia

Titulo orixinal: X nada
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Duración: 14'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Inglés
Dobrada: Galego
Orzamento: 72.560 €
web propio
Porcentaxe subvencións: 24,81 %
Importe subvencións: 18.000 €

Galería de imaxes | VER AS 2 fotos de X nada

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org