Fragmentos |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Fragmentos
O fotógrafo Tony, xunto co seu compañeiro London, consolida o seu emprego na revista para a que traballa, aínda que non está moi satisfeito xa que non pode realizar o que realmente quere. A súa moza Clara faille ver as vantaxes de ter un traballo fixo pensando no seu futuro en parella. Tony mais London deberán pasar unha semana nunha vila para realizar unha reportaxe sobre depósitos de fósiles. Nada máis chegar Tony séntese atraído por Laura, unha escritora madura casada e cun pasado escuro que lle vai facer dar un xiro á súa vida...
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Judith Colell
Intérpretes: / Bruno Bergonzini / Chete Lera / Iván Morales / Silvia Munt / Eulalia Ramón

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Filmanova S.L. / Ovídeo TV / Televisió de Catalunya (TV3) / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: Fragmentos
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Realizada a cor
Duración: 90'
Orixe: Cataluña-Galicia
Ano: 2003
Dobrada: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org