Cando o sol quenta máis |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Cando o sol quenta máis
En Galicia hai máis de 1.400 aldeas totalmente abandonadas, e máis de 5.600 tan só contan con cinco ou menos habitantes. Porén hai un momento do ano cando todos eses lugares se enchen de vida e semellan recuar no tempo: Co gallo das festas patronais, as festas do pobo. Este traballo achégase á Galicia rural actual a través desas celebracións populares e conta a historia dunha familia galega moi común, aldeá e emigrante, desde unha perspectiva íntima.

Palmarés: Mellor curtametraxe documental: One Cloud Festival (edición de outono) EEUU. Mellor curtametraxe universitaria: Prometheus Film Festival (Pennsylvania, EEUU). Premio meritorio: Best Shorts Competition (La Joya, California, EEUU).
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Alba Prol

 

Ficha técnica

Titulo orixinal: Cando o sol quenta máis
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 30'
Orixe: Galicia-Inglaterra
Ano: 2011
Idioma V.O.: Inglés, galego, castelán
Subtitulada: Inglés, castelán
Dobrada: Ningún idioma
Orzamento: 500 €
Porcentaxe subvencións: 0 %

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org