100% CEF |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

100% CEF
Obra producida e emitida co gallo do centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. Este traballo inclúe conversas cos seus fillos, Isabel e Luís; os seus biógrafos, Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás; o seu amigo e paisano, o presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín e cos escritores Xosé Neira Vilas, Suso de Toro ou Xosé María Álvarez Cáccamo, entre outros. Os poemas chegan pola voz de cantantes como Luís Emilio Batallán, Xiana Lastra e Mini e Mero, pero sobre todo co punk dos Labregos do Tempo dos Sputniks e co rap de Ferriman, Nuno e Fred.

Palmarés: En 2013 gañou o premio Mestre Mateo ao mellor documental.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Aser Álvarez
Intérpretes: / Luís Tosar

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Institución pública / Concello de Celanova / Concello de Pontevedra / Xunta de Galicia
Produtora / Asociacion Cultural Arraianos / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: 100% CEF
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 60'
Orixe: Galicia
Ano: 2012
Idioma V.O.: Galego
web propio

vIDEOS | VER todos os videos de 100% CEF  (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org