O quinto evanxeo de Gaspar Hauser |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

O quinto evanxeo de Gaspar Hauser
Novo episodio das peripecias do enfant sauvage Gaspar Hauser, acompañado do seu querido cabaliño de madeira. Suxeito imposible, Gaspar ten nesta ocasión a personalidade fragmentada en cinco personaxes arquetípicos: un anano sadomasoquista, unha sedutora doncela, un tipo cínico e déspota, un mariñeiro romántico e un batman patético. Un antiheroe de bata e zapatillas, fumador compulsivo, que representa a inadaptación do home decepcionado, o home que pensa, o home que é deste mundo sen selo. Título baixo o selo Zeitun Films.

Palmarés: Premiada no festival de Rotterdam.
É un dos oito títulos seleccionados en Un Nadal mozo e en galego. Guía de agasallos para a xente nova (Xunta de Galicia, nadal de 2014).
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Alberto Gracia
Intérpretes: / Alberto Gracia / Oliver Laxe

 

Ficha técnica

Titulo orixinal: O quinto evanxeo de Gaspar Hauser
Tipo: Longametraxe
Xénero: Comedia
Duración: 61'
Orixe: Galicia
Ano: 2013
web propio

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org