Castelao e os irmáns da liberdade |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Castelao e os irmáns da liberdade
A figura do pensador galego máis destacado do século XX serve de fío conductor para irmos coñecendo Galicia desde comezos de século ata 1951, ano da morte do líder galeguista. Mediante a voz de toda unha miríada de persoas que o coñeceron persoalmente vemos como era o Castelao real e como a súa figura era percibida polos seus coetáneos. A implicación de Castelao no galeguismo mediante as Irmandades da Fala e o Partido Galeguista chéganos dos testemuños directos de Xaime Illa Couto, Antón Fraguas ou Francisco Fernández del Riego. Onda a figura persoal, coñecemos feitos históricos como o referéndum do Estatuto e a Guerra Civil. Gravación 1999-2001.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Xan Leira
Entrevistado: / Francisco Fernández del Riego
Guionista: / Xan Leira
Montaxe: / Xan Leira
Presentación ou locución: / Luís Iglesia
Produción: / Xan Leira

 

Ficha técnica
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / La Voz de Galicia / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Acuarela Comunicación, S.L.L. / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: Castelao e os irmáns da libertade
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 77'
Orixe: Galicia
Ano: 2000
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 240.500 €

vIDEOS | VER todos os videos de Castelao e os irmáns da liberdade  (2)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org