Os defuntos falaban castelán |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Os defuntos falaban castelán
Na noite de defuntos nunha vila galega unha rapariga foxe da casa para ir casar co seu mozo. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que no camposanto falaban... castelán! Historia baseada nun relato de Ánxel Fole. DVD dispoñible no CGAI.

Palmarés: Esta curta gañou o Premio Galicia no Certame Audiovisual do Casino de Vilagarcía 2001 e foi merecedora dunha Mención de Honor no Festival Internacional de Cine Inédito de Islantilla 2001, á parte de ser seleccionada noutros seis festivais. Premio Chano Piñeiro 2001 á mellor produción animada e ao mellor son. Mención especial á animación no VI Festival La Fila de Cortometrajes de Valladolid.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Tomás Conde / Virginia Curiá
Dirección artística: / Vicente Roura Gómez
Dirección fotografía: / Virginia Curiá
Guionista: / Daniel Domínguez
Montaxe: / Eduardo Gabín / Pablo Goluboff
Música: / Gastón Rodríguez
Produción: / Emilia Neira / José María Suárez
Xefatura de son: / Alberto Beade

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Algarabía Animación / Lúa Films, S.L. / Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: Os difuntos falaban castelao
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Prevenda
Realizada a cor
Duración: 16'
Orixe: Galicia
Ano: 2000
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 60.103 €

vIDEOS | VER todos os videos de Os defuntos falaban castelán  (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org