Romasanta, a caza da besta |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Romasanta, a caza da besta
Galicia, 1850. Cada día aparecen máis cadáveres e a lenda do home lobo medra. O feirante Manuel Romasanta (Julian Sands) coida de Bárbara (Elsa Pataky) e da súa irmá. Pero Bárbara comeza a sospeitar: ¿Por que Manuel nunca ten medo a cruzar o monte? Inspirada nun argumento do escritor Alfredo Conde, tataraneto dun forense que declarou no verdadeiro xuízo contra Romasanta. O director Paco Plaza tentou recrear un “conto de medo” como a lenda do sacauntos que de neno súa nai, oriunda de Guitiriz, lle contaba. O filme rodouse na Fonsagrada e Sarria (Lugo) e mais en Santiago de Compostela. Comercializado en DVD con audio en galego desde 2005. DVD dispoñible no CGAI.

Palmarés: Premio á mellor fotografía no Festival de Cine de Málaga (2004).
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Cámara: / Virvi Fraga
Dirección: / Paco Plaza
Dirección fotografía: / Javier Salmones
Guionista: / Alberto Marini / Elena Serra
Intérpretes: / David Gant / Tacho González / Laura Mañá / Elsa Pataky / Gary Piquer / Julian Sands / Carlos Sante / John Sharian / Maru Valdivielso
Montaxe: / David Gallart
Música: / Mikel Salas
Produción: / Julio Fernández
Produción Executiva: / Carlos Fernández / Julio Fernández

 

Ficha técnica
Distribuidora / Baños Films / Biblos Clube de Lectores / Filmax / Ignacio Benedeti Cinema S.L. / La Voz de Galicia
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Castelao Productions

Titulo orixinal: Romasanta
Tipo: Longametraxe
Xénero: Terror
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 102'
Orixe: España
Ano: 2003
Idioma V.O.: Inglés
Subtitulada: Castelán
Dobrada: Castelán, galego (4 copias cinematográficas en salas de Galicia), catalán
Orzamento: 5.000.000 €
web propio
Recadación: 432.671 €
Espectadores: 92.156

vIDEOS | VER todos os videos de Romasanta, a caza da besta  (2)

Galería de imaxes | VER AS 6 fotos de Romasanta, a caza da besta

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org