Pensando en Soledad |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Pensando en Soledad
José Ernesto Díaz Noriega foi o pai do cine amateur en Galicia, mestre de cineastas como X.Villaverde, C.Amil, M.Castelo ou A.Simón, entrevistados todos, xunto coa familia do director, neste repaso da súa vida e obra. O documental, cuxo título alude ao nome da filla do cineasta, conta cunha versión abreviada ("J.E.D.N.") en curta de 35 mm para salas comerciais. A edición DVD contén, á parte de extras inéditos, obras de Díaz Noriega como a premiada “Cine Amateur” (1965), “El Festival” (1967) e “Os Suevos” (1974), todas restauradas dixitalmente a partir de orixinais cinematográficos conservados na Filmoteca Nacional. Comercializado en DVD con audio en galego.

Palmarés: Premio á mellor dirección de documental, para Marcos Nine, no 11º Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (2006). Mención especial da categoría de longametraxe no II Festival Europeo de Cine y Televisión Memorimage (Reus 2007).
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Marcos Nine
Dirección fotografía: / Justo Guisasola
Entrevistado: / José Ernesto Díaz-Noriega
Guionista: / Marcos Nine
Música: / Nani García
Produción: / Ignacio Benedeti
Produción Executiva: / Xosé Zapata
Xefatura de son: / Claudio Canedo / Daniel Patiño

 

Ficha técnica
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / Ignacio Benedeti Cinema S.L. / La Voz de Galicia
Produtora / Ignacio Benedeti Cinema S.L.

Titulo orixinal: Pensando en Soledad
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Duración: 50'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego
Orzamento: 65.978 €
Porcentaxe subvencións: 25,91 %
Importe subvencións: 17.095 €

Documentos

  1. baixa aqui As claves do documental “J.E.D.N. pensando en Soledad”

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org