A noite que deixou de chover |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

A noite que deixou de chover
Van máis de tres meses que non para de chover e Spleen, un dandi ao que só lle gustan tres cousas na vida (Valle-Inclán, Os Smiths e as raparigas malas con frequillo) pasa as noites na compaña dos seus amigos bohemios na Taberna dos Dramáticos. A noite que deixa de chover, coñece A Rusa, unha rapariga mala con frequillo. Drama tenro e surrealista que se desenvolve nunha soa noite na cidade de Santiago de Compostela. Proxecto inicialmente coñecido como ``A noite da puta e o pan´´. Estrea en salas o 20-11-2009.

Palmarés: Guión premiado no Festival de Cinema Latino de Los Ángeles. Premio Paoa ao mellor director no Festival Internacional de Cine de Viña del Mar (Chile, 2008). Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) este filme recibiu catro galardóns: mellor guión, mellor dirección, mellor dirección artística e mellor música orixinal.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Alfonso Zarauza
Dirección artística: / Curru Garabal
Dirección fotografía: / Antonio González
Figurinista: / Notice: Undefined offset: 1 in /var/www/html/cultura/html/avg/inc_extraficha.php on line 44 Saturna
Guionista: / Alfonso Zarauza
Intérpretes: / Pepe Barreira / César Cambeiro / Fede Celada / Eduard Fernández / César Goldi / Chete Lera / Miguel de Lira / Vicente Montoto / Mercedes Sampietro / Cristina Solano / Nora Tischner / Luís Tosar / Luís Zahera / Xosé Manuel Olveira “Pico”
Maquillaxe: / Raquel Fidalgo
Montaxe: / Juan Carlos Arroyo
Música: / Iván Laxe / Piti Sanz
Produción: / José Alba / Manuel Cristóbal / Harold Sánchez / Ralf Schwingel / Álvaro Suárez / Rubén Zarauza

 

Ficha técnica
Distribuidora / Sony Pictures
Produtora / Filmanova S.L. / Iroko Films / Perro Verde Films
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: La noche que dejó de llover
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 95'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Galego
Orzamento: 2.140.000 €
web propio
Porcentaxe subvencións: 11,41 %
Importe subvencións: 244.264 €
Capital Galego: 50 %

vIDEOS | VER todos os videos de A noite que deixou de chover  (2)

Galería de imaxes | VER AS 8 fotos de A noite que deixou de chover

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org