Cousas do Kulechov |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Cousas do Kulechov
Creación videográfica baseada na montaxe como exercicio de alteración da percepción. A partir de imaxes reais (mariscadores, bateas, incendios forestais, bombas de palenque), habituais en telexornais e documentais, créase unha historia bélica na que un exército invade Galicia. O relato ficticio artéllase en torno aos seguintes eixos: Desembarco inimigo nas costas, destrución de poboacións, fuxida ao interior, resistencia, reconversión do sector pesqueiro e gandeiro en industria bélica e vitoria final.

Palmarés: Gañadora do premio á mellor curta galega, dotado con 1.500 euros e un trofeo conmemorativo, na IV edición do Festival Internacional Curtocircuito. Premio do Público en On/Off (Ribadeo 2007). Premio Galicia no Certame de Vilagarcía (2007). Mención de Honra na XXXIV Jornada Internacional de Cinema de Baía (Brasil 2007). Galardón á mellor obra experimental ou interactiva nos premios Mestre Mateo 07 (2008).
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Ficha artística
Dirección: / Susana Rei

 

Ficha técnica
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: Cousas do Kulechov
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 21'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 29.950 €
Porcentaxe subvencións: 33 %
Importe subvencións: 10.000 €
Capital Galego: 100 %

vIDEOS | VER todos os videos de Cousas do Kulechov  (2)

Galería de imaxes | VER AS 9 fotos de Cousas do Kulechov

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org