Evento
Compartir:

Os espectáculos darán comezo o xoves sobre as 22 horas, coa participación este ano de tres grupos galegos Tres por Catro, Andhrea and The Black Cats e Sete Cuncas. O venres os concertos comezarán as 19:30 con Antón Ke para seguir cos británicos Echo Town e entrar na quenda de noite as 22:30 coa presenza de Komódo, gañadores do concurso de maquetas, os alemáns Alice Francis, os portugueses Throes The Shine e os galegos Fanfarria Taquicardia para terminar. O sábado ás 13 horas dará comezo a "Sesión Vermú" cos concertos primeiro de Sofía Espiñeira e logo de Tatán Chapeu. O primeiro concerto vespertino será a cargo do cantautor Samu Acaracán. Despois a escena chegará de mans do grupo teatral Teatro ó Cubo cun espectáculo para todos os públicos titulado Ghop. Na tarde actuará a banda local Retroblues entre as 20:30 e as 21:30. Os concertos nocturnos empezarán como o venres ás 22:30 e correrán a cargo dos galegos Sokram, os británicos Echo Town, os portugueses Kumpania Algazarra e os tamén galegos Skandalo GZ que concluirán o festival.

Amplía a información en Festival Millo Verde

Máis información

O evento de Redondela farase na Praia de CesantesO XI Festival Alternativo Millo Verde ofrecerá case vinte concertos en tres días

Información:

  • 8/6/2017
  • 00:00
  • Praia de Cesantes, Redondela

Lugar