Evento
Compartir:

O festival Castelo Rock que se celebra na Praia do castelo na localidade de Muros celebrará este ano a súa décima terceira edición nos días 4 e 5 de agosto.Oito grupos e dous Dj´s para ofrecer un festival de sons potentes e reivindicativos da corda do punk rock e cunha importante representación galega. Os organizadores non esquivan a controversia e contarán coas bandas Def Con Dos e Soziedad Alkohólika (S.A.) encabezando o cartel de venres e sábado respectivamente. Xunto a eles o venres estarán os vascos Kaótiko, a banda de hip hop Rebeliom do Inframundo e Archivo Adxunto. O sábado o cartel completarase con Reincidentes, que como S.A. xa participara anteriormente no festival muradán, NAO, e Monoulious Dop. As entradas xa están á venda por 19,50€ máis gastos.

Amplía a información en CASTELO ROCK

Máis información

O Rock in Río Tea de Ponteareas vai abrindo boca todo o mes con rock e gastronomía popularDef Con Dos e Soziedad Alkohólika para o Castelo Rock de Muros

Información:

  • 4/8/2017
  • 00:00

Lugar