Exposición Desde la sombra de ACO (Álex Cal)

ata o 23 de abril de 2018

Hora: 20:00
Lugar: Galería Lab_In
Cidade: Vigo
Fonte: Facebook da Galería Lab_In
A galería Lab_In de Vigo acolle desde o 25 de xaneiro ata o 23 de abril a exposición Desde la sombra, na que se poderá ver o traballo do galego Álex Cal (ACO) para diferentes editoras dos Estados Unidos. Personaxes como Batman, X-Men, Midnighter ou Squadron Supreme atópanse nesta iniciativa que conta cunha visita guiada na súa inauguración (ás 20 horas) e que estará aberta de luns a venres entre 11 e 14:30 horas de mañá e de 15:30 a 20 horas durante a tarde.

Máis información Facebook da Galería Lab_In