Ibuprofeno Teatro - Raclette

18 de marzo de 2018

Hora: 20:00
Lugar: Auditorio Municipal Hernán Naval
Cidade: Ribadeo
Fonte: AGADIC
Unha cea entre amigos é o escenario no que transcorre Raclette, a nova obra de Ibuprofeno Teatro. A produción adapta o texto homónimo de Santiago Cortegoso que foi recoñecido co premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais. Segundo explica a compañía, "esta raclette urbana contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia". Na obra os actores cociñas e comen alimentos reais e o público sitúase arredor do escenario, a procurar unha maior conexión co espectáculo.

Máis información AGADIC

Web de Afundación
00:00
Banda deseñada
Vigo
Web do NUMAX
19:00
Banda deseñada
Compostela